Quen somos?

O proxecto "Mulleres Colleiteiras" ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso.


As premisas do proxecto son 3:

1.  Promover a inserción sociolaboral, o empoderamento e a autonomía de mulleres en situación de exclusión social.


2. Constituír unha alternativa de autoemprego rentable e sostible para as mulleres traballadoras

3. Promover unha proposta de recollida de aceite, local e de baixo custe, e de aproveitamento e reutilización dun recurso.


Desta forma, a pertinencia da iniciativa céntrase no triple beneficio:



-económico e social: creación de postos de traballo para a integración e inclusión das mulleres "en situación" de exclusión social mediante a achega dun traballo que xera un beneficio económico e un servizo á cidadanía.
-ambiental: aproveitando un recurso moi enerxético e evitando  o problema de vertidos, mediante un proceso local na totalidade do ciclo de xestión, utilizando man de obra desempregada dende a súa recollida ata a súa transformación e utilización en equipamentos locais, evitando os custos económicos e enerxéticos do transporte.



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Nos gusta saber qué piensas tú ¿te animas?