viernes, 29 de diciembre de 2017

Para rematar o ano... difundimos en centros educativos


Durante os últimos meses estamos a realizar charlas divulgativas por varios centros educativos de A Coruña, Oleiros e Santiago de Compostela. Durante estas sesión damos a coñecer o noso traballo, concienciando ao alumnado e ao corpo docente sobre a importancia do reciclaxe do aceite xerado nas nosas vivendas.
Esta actividade, a cal pretendemos retomar con forza e coa cal seguir mellorando as nosas capacidades comunicativas e a implicación do sector educativo do país está a ser fructífera. As máis pequenas mostran un enorme interese polo proceso, involucrándose como cidadás da responsabilidade da correcta xestión dos residuos. Isto fai que vexamos unha enorme potencialidade nas escolas e institutos, onde rapazas e rapaces asumen a tarefa do reciclaxe de aceite como unha mellora na calidade da nosa sociedade, ao perservar un ben común tan preciado como é a auga.


Con moito traballo e esforzo continuamos co proceso, incorporando todas as experiencias novas  e melloras que estamos a aprender! 

martes, 26 de diciembre de 2017

A formación, grande aliada durante as nosas difusións

Dende finais do verán, co comezo do novo ano escolar, estivémonos a preparar unha charla didáctica para ir a centros educativos onde dar información e concienciar ás máis pequenas e pequenos acerca do reciclado do aceite doméstico. Para isto, preparamos diverso material, como presentacións adaptadas ás diferentes idades, vídeos explícativos do noso traballo, carteis, etc…

Detrás de cada exposición tamén existe un traballo de formación das nosas capacidades de expresión, coas que facer chegar mellor a nosa mensaxe. Esta formación consistiu en diversos ensaios e preparación antes da posta en escea, nos cales simulamos distintas situacións. Con elo chegamos a darnos conta da importancia que ten  esta parte do noso traballo e tarefas diarias. Non soamente recollemos o aceite, senón que é moi importante reforzar as nosas habilidades comunicativas e comerciais á hora de poder explicar o que facemos e a importancia da nosa labor.

Seguimos a aprender día a día, cunha experiencia que está a ser moi enriquecedora para todas!