jueves, 21 de diciembre de 2017

Van en bikke difunden o noso traballo na cidade de A Coruña!

O pasado 6 de novembro Mulleres Colleiteiras e a empresa de mensaxería Van en Bikke comezamos a colaborar nunha iniciativa de difusión e concienciación para a cidade de A Coruña. Dende agora as mensaxeiras e mensaxeiros entregarán á xente usuaria do seu servizo embudos e folletos informativos sobre os puntos de recollida e proceso de reciclado.
imaxe recollida da noticia do diario La Opinión Coruña


Cremos na colaboración entre todas na procura dun mundo máis limpo, contribuindo a xerar economías locais e de proximidade nas que a mensaxería mediante medios de transporte eficientes sexa unha realidade. É por iso que estamos moi contentas desta nova, esperando que persoas que ata o de agora non coñecían a nosa cooperativa estén mellor informadas. 

Esta iniciativa parece ter moi boa acollida e fomos noticia fai unha tempada no diario La Opinión Coruña con unha noticia que podedes consultar aquí.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Seguimos coas tarefas de difusión!


Durante os últimos meses, dende Mulleres Colleiteiras téñense realizado diferentes actividades de difusión, tanto por algún dos mercados da ciudades como por algunhas das naves industriais do concello de Oleiros.

Con estas actividades buscamos informar á xente da labor que realizamos dende a cooperativa, a importancia do reciclado do aceite doméstico e damos a coñecer os puntos máis cercanos. Ademais, facilitarvos o proceso de recollida nas vosas casas, estamos a repartir uns embudos, que se poden colocar nas botellas de plástico. Con eles non ides a manchar nada!
Por se quedásedes con algunha dúbida, estamos a repartir folletos informativos cos pasos a seguir, coma este:




Seguimos reciclando! 

lunes, 18 de diciembre de 2017

Novas socias na cooperativa

Dende finais de verán, a plantilla de Mulleres Colleiteiras  modificouse coa entrada de Violeta e Soraya como novas socias traballadoras. Estamos moi ilusionadas e con ganas de traballar, posto que cada comezo supón unha aprendizaxe nova.


Moita forza e ánimo nesta nova andaina rapazas!