Mulleres Colleiteiras na Feira de Proxectos de Vida Feministas

Este pasado sábado, 26 de novembro, Mulleres Colleiteiras estivemos, xunto con outras compañeiras, no Mercado de San Agustín de A Coruña. O marco de referencia desta feira era a celebración feminista de iniciativas en prol da igualdade e a visibilidade de proxectos levados a cabo por mulleres.

Alí estivemos a repartir embudos co patrocinio de Edar Bens S.A., empresa involucrada neste proxecto e cuxo programa de recollida de aceite, en colaboración con Mulleres Colleiteiras, podes consultar aquí.

Falando con vós, estivemos a explicarvos o proceso de recollida e informándovos dos puntos repartidos por toda a cidade nos que podedes deixar as vosas botellas de aceite usado.






Fostedes moitas e moitos as que vos acercastedes para consultar e preguntar todo aquilo que descoñeciades sobre o proceso, e dende Mulleres Colleiteiras queremos darvos as grazas polo  voso interese e colaboración. 

Se non puideches acercarte, recorda que neste blog podes consultar o mapa de puntos de recollida, así como a maneira de depositalo e información de contacto, para falar persoalmente co noso equipo. 


Deixámosvos algunhas fotos da xornada e vémonos en vindeiras edicións! 


                                                                                                                                                                                                                                                                                        





Comentarios

Publicacións populares