Festival Mar de Mares





O pasado 24 e 25 de setembro celebrouse nos xardíns de Méndez Núñez o Mercado do Mar, enmarcado dentro do encontro cultural Mar de Mares. Alá nos fomos as Mulleres Colleiteiras, para contarvos o importante de reciclar o voso aceite usado.

Unha das maiores problemáticas para os nosos océanos é a contaminación das súas augas, que se está a  producir por mor da actividade humana. Isto débese, entre outros, ao complexo e complicado proceso de depuración das nosas augas residuais, que fan que a rexeneración total destas sexa difícil de conseguir. 

E ti, pensaches algunha vez no que pasa con todo aquilo que tiras polo sumidoiro? Segues a botar o aceite de cociña usado? O ciclo da auga ten a resposta: ese aceite acabará no mar. Axúdate e axúdanos a mellorar a calidade dos nosos océanos, e non o tires


Queres coñecer máis sobre este festival? 

Pincha aquí para acceder á súa páxina oficial.

Comentarios

Publicacións populares