miércoles, 25 de marzo de 2015

Charlas de sensibilización no Centro Liceo La Paz

En colaboración co Club de Leones La Coruña Decano, continuamos a campaña de sensibilización en novos centros educativos.

No Liceo La Paz, levamos a cabo con alumnos de ESO dúas charlas de sensibilización social e ambiental coa participación das Mulleres Colleiteiras, nas que repartimos embudos facilitados polo Club de Leones. Cos embudos pretendemos facilitar a difusión entre a comunidade educativa e a recollida e almacenaxe do aceite doméstico usado na casa polos estudantes e as súas familias para a súa recollida por Mulleres Colleiteiras e posterior reciclaxe, unha vez que depositen as botellas de plástico cheas de aceite no punto de recollida (contenedor laranxa) habilitado no centro.

Moitas grazas aos colaboradores e deixámosvos unhas imaxes das mulleres nas charlas!




Novo punto de recollida no IES Elviña

A semana pasada inauguramos un novo punto de recollida no IES Elviña, (R/ San José de Calasanz 6, 15008 A Coruña). Podedes atopar o colector laranxa xunto ao muro da porta de entrada.

Esperamos facilitar aos veciños do barrio e a toda a comunidade educativa a reciclaxe do aceite usado!

E recordade: depositade só aceite domestico vexetal de cociña usado, en botellas de plastico ben pechadas.

Grazas ao IES Elviña polo interese e colaboración co proxecto.