martes, 10 de marzo de 2015

O Concello de Oleiros está incentivar a difusión de Mulleres Colleiteiras e promovendo instalación de diversos puntos de recollida no municipio, en asociacións veciñais, centros escolares etc.
Neste caso, o IES Xosé Neira Vilas en Oleiros súmase a iniciativa mediante a instalación dun punto de recollida de aceite doméstico usado nas instalacións e a campaña de difusión e recollida entre os alumnos.
Este luns presentouse o Proxecto aos grupos de 1º e 2º da ESO, e nos próximos días será posible depositar o aceite no colector situado na entrada ao Centro, de xeito accesible tamen en horario de peche.
Ademáis, IES Xosé Neira Vilas acolle a exposición "Entre Nós" coas fotografías realizadas polos nen@s dos poboados de As Rañas e Ponte Pasaxe


MOITÍSIMAS GRAZAS a este novo Centro colaborador e ao Concello de Oleiros






lunes, 9 de marzo de 2015

E nace unha nova cooperativa...


A cooperativa Hábitat Social, que fai o seguimento e formación no proceso de constitución da Cooperativa MC dende septembro de 2014 xunto á Rede Eusumo e Arquitectura Sen Fronteiras, publican a nova sobre o nacemento da Cooperativa Mulleres Colleiteiras no seu blogue.

http://habitatsocial.coop/novas/e-nace-unha-nova-cooperativa/

Encantadas de ter compartido este proceso con eles!



Algo que celebrar en A Pasaxe y As Rañas

Hoxe no diario La Opinión, a noticia sobre o II aniversario de Mulleres Colleiteiras, que celebramos onte, 8 de marzo, no Monte de San Pedro.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/03/09/celebrar-pasaxe-as-ranas/934972.html

http://multimedia.laopinioncoruna.es/fotos/a-coruna---metro/merienda-las-mulleres-colleiteiras-33202.shtml


Charla de sensibilización no IES Xosé Neira Vilas de Oleiros


Hoxe expuxemos o proxecto de recollida de aceite Mulleres Colleiteiras a dous grupos de estudantes de 1º e 2º da ESO do IES Xosé Neira Vilas do Concello de Oleiros.

A charla, como sempre co dobre obxectivo de sensibilizar social e medioambientalmente, contou co visionado do audiovisual "Pedra, papel", unha pequena presentación sobre o proxecto de autoemprego Mulleres Colleiteiras e un chamamento final á colaboración dos estudantes e a comunidade educativa coa recollida do aceite das súas casas, que poderán depositar nun contenedor que colocaremos nos próximos días no centro escolar. Asimesmo, no centro está situada tamén estes días a exposición itinerante "Entre nós", coas imaxes realizadas por algúns dos fillos das Mulleres Colleiteiras no obradoiro de fotografía que levamos a cabo no primeiro trimestre do curso.

Esta charla, organizada co apoio da Concellería de Ensino e Xuventude, é a primeira das previstas en varios centros educativos do Concello, e con ela, o IES Xosé Neira Vilas, convertirase no pioneiro dos centros en inaugurar un punto de recollida de aceite doméstico usado da rede de Mulleres Colleiteiras.

Grazas pola colaboración e nas próximas semanas continuaremos instalándonos en Oleiros!

domingo, 8 de marzo de 2015

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER E II ANIVERSARIO DO PROXECTO MULLERES COLLEITEIRAS


Hoxe, 8 de marzo, temos un doble motivo para celebrar. O día da muller é ademais para nós un gran día de celebración, por ser o aniversario do proxecto de inserción sociolaboral Mulleres Colleiteiras, no que participan dende 2013 máis de 20 mulleres residentes nos asentamentos chabolistas de A Pasaxe e As Rañas en A Coruña.

Xa pasaron 2 anos desta primeira foto de grupo, tras a primeira reunión de voluntarios de Arquitectos Sen Fronteiras (hoxe Arquitectura Sen Fronteiras) cun grupo de mulleres, na que se amosaron as gañas de saír adiante e poder acceder a un traballo como ferramenta para saír da situación de exclusión.


Dous anos despois estamos moi felices de ter sacado adiante o proxecto entre todas e celebramos o noso aniversario no Monte de San Pedro compartindo unha bonita tarde as mulleres colleiteiras, as súas familias e os voluntarios e voluntarias.


                                                                                 Grazas por estes dous anos de ilusión compartida




Novo punto de recollida na Facultade de Ciencias da Educación da UDC


Co apoio dun grupo de alumnos de Educación Social, que fixeron as xestións previas coa facultade, esta semana inauguramos un novo punto de recollida de aceite doméstico usado na Facultade de Ciencias da Educación. O contenedor está situado no andar -3, xunto á porta da cafetaria. 

Recordade botar só aceite domestico usado vexetal de cociña (non de motor), e depositar o aceite en botellas de plástico ben pechadas.

Agradecemos moito o apoio da facultade, na que a cafetería xa hai varios meses que colabora connosco!