viernes, 27 de febrero de 2015

II VISITA DE MULLERES COLLEITEIRAS A EDAR DE BENS

O xoves 25 de fereiro, unha representación das Mulleres Colleiteiras acudiu á Estación Depuradora de Aguas Residuales de A Coruña en Bens, recordando a visita de presentación das instalacións que fixemos en xaneiro do ano pasado.
Alí, agradecimos a colaboración de Edar Bens SA, que en septembro do ano pasado se materializou na colaboración para a compra dun vehículo (cofinanciado pola Deputación de A Coruña) que facilitara a recollida de aceite por parte de Mulleres Colleiteiras.



Asemade, destacouse o aforro que supón para ditas instalacións a recollida selectiva dos aceites promovida por Mulleres Colleiteiras, evitando deste xeito que o aceite chegue á depuradora e as augas.
GRAZAS POLA COLABORACIÓN




COLABORACIÓN DO COLEXIO ANDAINA CON MULLERES COLLEITEIRAS

O pasado decembro, Mulleres Colleiteiras (repetindo a exitosa experiencia do curso anterior) impartimos unha charla sobre a nosa experiencia no Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 3º da ESO do Colexio Andaina. 

Foi un pracer para nós explicar a nosa experiencia emprendedora dende o proxecto de autoemprego Mulleres Colleiteiras, e responder ás preguntas que os alumnos plantexaron ao respecto. Ao mesmo tempo que lles explicamos a nosa longa traxectoria camiño de emprender, o noso obxectivo foi a sensabilización:

-Social: explicando dende a experiencia dunha das participantes as dificultades para conseguir un posto de traballo por conta allea nas súas circunstancias: o baixo nivel de estudos, os prexuizos das empresas para contratalas e a situación actual de crise económica. E explicando tamén que as gañas de saír adiante fixeron que as participantes veran a recollida de aceite coa forma de Cooperativa como unha saída laboral construida por elas mesmas, para acadar independenza. E percorrendo un longo camiño previo a constituir a Cooperativa para gañar autoconfianza e habilidades e poder afrontar o reto emprendedor.

-Medioambiental: explicando a importacia da recollida do aceite, para aforrar os custos da limpeza da auga na depuradora da cidade e evitar a contaminación das augas e as súas consecuencias. 

Deixamos aos alumnos embudos que quedaron encargados de facilitar aos seus compañeiros de escola á vez que, cun efecto multiplicador, eles contaron a nosa iniciativa e fomentaron a recollida de aceie nas semanas seguintes, grazas tamén ao colector instalado no centro, que se suma á recollida do aceite do comedor escolar, tamén en marcha dende o curso pasado.

O dito, moitas grazas pola oportunidade de compartir a nosa experiencia con estes mozos inquedos e grazas por cada gota de aceite!


http://www.andaina.com/index.aspx?IdIdioma=2&TC=1&IDInt=1&IdCon=2050

Mulleres Colleiteiras, S. Coop. Galega


Tras casi dous anos nos que 20 mulleres participaron no proxecto de autoemprego promovido por Arquitectos Sen Fronteiras para adquirir habilidades de cara á súa inserción soiolaboral, e 6 meses nos que varias desas mulleres participaron en talleres de formación específicos sobre cooperativismo (coa colaboración de Hábitat Social e a Rede Eusumo), podemos dicir que estamos un pasiño máis cerca de conseguir o noso obxectivo. A semana pasada un grupo de 4 emprendedoras asinou en asamblea os estatutos e acta constitutiva de Mulleres Colleiteras, Sociedade Cooperativa Galega. Nos próximos meses, continuaremos cos trámites de constitución empresarial, co obxectivo de  convertir a inserción sociolaboral das mulleres participantes nunha realidade, que facilite a integración plena en moitos outros sentidos.


Pero isto é só un pasiño máis. Nos próximos meses haberá que traballar moi duro para levar adiante a cooperativa, e o resto das mulleres continuarán a participar no proxecto sociolaboral, adquirindo as habilidades que lles permitan unirse ás súas compañeiras como cooperativistas nun futuro.

Seguimos todas adiante, construindo un futuro mellor!