Mulleres Colleiteiras, S. Coop. Galega


Tras casi dous anos nos que 20 mulleres participaron no proxecto de autoemprego promovido por Arquitectos Sen Fronteiras para adquirir habilidades de cara á súa inserción soiolaboral, e 6 meses nos que varias desas mulleres participaron en talleres de formación específicos sobre cooperativismo (coa colaboración de Hábitat Social e a Rede Eusumo), podemos dicir que estamos un pasiño máis cerca de conseguir o noso obxectivo. A semana pasada un grupo de 4 emprendedoras asinou en asamblea os estatutos e acta constitutiva de Mulleres Colleiteras, Sociedade Cooperativa Galega. Nos próximos meses, continuaremos cos trámites de constitución empresarial, co obxectivo de  convertir a inserción sociolaboral das mulleres participantes nunha realidade, que facilite a integración plena en moitos outros sentidos.


Pero isto é só un pasiño máis. Nos próximos meses haberá que traballar moi duro para levar adiante a cooperativa, e o resto das mulleres continuarán a participar no proxecto sociolaboral, adquirindo as habilidades que lles permitan unirse ás súas compañeiras como cooperativistas nun futuro.

Seguimos todas adiante, construindo un futuro mellor!

Comentarios

Publicacións populares