martes, 3 de junio de 2014

XI Feira Solidaria Colexio Calasanz PP Escolapios

O pasado domingo 1 de Xuño, con motivo da recente colaboración co Colexio Calasanz PP Escolapios, Mulleres Colleiteiras participou na XI Feira Solidaria do Centro cun posto informativo onde se achegaron durante todo o día pais, alumnos e profesorado a interesarse pola iniciativa e o Punto de Recollida que permanecerá no Centro de forma permanente.

Unha boísima oportunidade para afianzar a colaboración co Colexio Calasanz que nos abríu as súas portas, así como achegar a nosa inicitiva e dala a coñecer.

GRAZAS pola boa acollida e parabéns pola iniciativa desta Feira


Feira de Economía Social

O pasado sábado 31 de Maio, Mulleres Colleiteiras tivo a oportunidade de participar na A 3ª EDICIÓN DA FEIRA DE ECONOMÍA SOCIAL

A iniciativa xurde logo de que dende hai uns anos e normalmente en maio,
na Coruña, celebrábase un evento na Praza de Pontevedra, con motivo do Día
do Comercio Xusto. A iniciativa adoitaba xurdir de Intermón, Solidariedade
Internacional, Labañou Solidaria, ... e participaban outras organizacións
similares. Hai dous anos Zocamiñoca e outros agricultores locais
sumáronse á xuntanza, abrindo a temática dela e xa que o comercio tamén
debe ser xusto a nivel local. Organizouse unha pequena feira, á que
acudiron diversas organizacións (Intermón, Solidariedade Internacional,
Labañou Solidaria, Fiare, Zocamiñoca e agricultoras locais de verdura).
 

Este ano, nesta Feira xuntáronse diversas entidades ou persoas que se adican profesionalmente á economía social para reivindicar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real e próxima, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e
traballadoras e tamén a calidade da nosa propia vida.


GRAZAS por contar con Mulleres Colleiteiras e darnos a oportunidade de coñecer outras iniciativas de economía social, compartir experiencias, establecer sinerxias e colaboracións.