DESCRIPCIÓN DO PROCESO

Seleccionamos a recollida de graxas domésticas como principal residuo urbano a xestionar, por non existir aínda unha recollida selectiva deste produto e seren un campo aínda sen controlar por grandes empresas e sen concesionar por parte dos Concellos, e realizamos o estudo de viabilidade vinculado ao autoemprego para as mulleres.

Nesta fase previa trátase de desenvolver un proceso inicial moi intenso de aprendizaxe social e organizativo, ademais do empoderamento que permita ás mulleres sentir a alternativa de autoemprego creada como propia e xestionada baixo a súa responsabilidade.

 EXPERIENCIA PILOTO NO BARRIO DE MONTEALTO

Froito da necesidade de por en práctica esta experiencia para analizar e valorar posibles problemas, debilidades, fortalezas, etc. e coñecer ademais a opinión dos/das participantes e dos traballadores/as…
Contactouse coa Asociación de Veciños do barrio de Montealto para por en marcha a iniciativa.
A idea desta proba é poder testear a organización do traballo, o método e as aptitudes das mulleres para a recollida do aceite, así como coñecer as valoracións dos veciños/as en relación ao proceso de recollida.
Os resultados desta iniciativa maniféstase por un lado na poboación obxecto e as participantes, con máis de 20 mulleres; o impacto mediático (medios televisivos, radiofónicos e prensa) e na cidadanía.
A posta en marcha da experiencia Piloto no barrio de Montealto dá comezo de forma efectiva en Abril de 2013.
A disposición por parte da Asociación de veciños permite o contacto coa cuidadanía que acolle o proxecto como propio e valoran o aspecto social e ambiental así como o servizo prestado.
A colocación dos puntos de recollida ten un efecto inmediato, comezando a recollida de forma rápida. Así mesmo, o contaxio da iniciativa a outros barrios e persoas, que demandan este servizo é palpable, manifestando o seu interese expreso dende colexios, asociacións de veciños e concellos limítrofes.

Actualmente, están en funcionamento 15 colectores, distribuídos fundamentalmente en Monte Alto, e noutros 3 puntos estratéxicos fóra do barrio.

A planificación pretende realizar un proceso de implementación gradual, no cal se irán desenvolvendo as etapas de acordo coa experiencia dos implicados/as, os resultados obtidos e os medios dispoñibles; coa idea de que as traballadoras se vaian formando progresivamente, ao mesmo tempo que melloran e consolidan as súas capacidades. Deste xeito, preténdese acadar o obxectivo de crear un modelo empresarial viable, sostible e coherente coa realidade ata ofrecer un servizo integral de recollida reutilización do, tratamento e aceite recolectado.


PROCESO PARTICIPATIVO
Durante todo o proceso de creación da empresa, contase coa implicación e participación das mulleres dende a fase inicial, asistindo ás reunións informativas e de organización, así como as xornadas formativas de capacitación necesarias para levar a cabo a actividade.

Preténdese con isto, construír conxuntamente unha iniciativa propia das mulleres traballadoras, cunha visión estratéxica e loxística adaptada ás súas competencias.

O grupo de mulleres colleiteiras, participa activamente de todos os procesos que atinxen a posta en marcha desta proposta. Este punto é especialmente importante de cara ao obxectivo principal do proxecto que é que sexan as xestoras da empresa, incrementando progresivamente as súas responsabilidades en función das capacidades adquiridas.

Promóvese a motivación polo cambio e pola mellora das súas condicións de vida, fomentando as actitudes pro-activas de inserción social fronte ás actitudes pasivas de continuidade da dependencia e da exclusión.

Nesta fase previa trátase de desenvolver un proceso inicial moi intenso de aprendizaxe social e organizativo, ademais do empoderamiento que permita ás mulleres sentir a alternativa de autoemprego creada como propia e xestionada baixo a súa responsabilidade.

Comentarios

Publicacións populares