miércoles, 17 de diciembre de 2014

MULLERES COLLEITEIRAS – Calendario 2015

¡Xa temos calendario para este ano 2015! Cada mes recolle unha fotografía dalgunhas das protagonistas de Mulleres Colleiteiras realizadas coa colaboración do fotógrafo Gabriel Tizón.

O diñeiro recaudado das vendas estará destinado a apoiar a creación dunha cooperativa que impulse o crecemento deste proxecto. 

Estos son os puntos de venda do calendario:

Librería Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela.
Librería Formatos, Rúa Fernandez Latore, 5, A Coruña.
Asociación de Veciños de Monte Alto, Biblioteca Campo de Marte, A Coruña.
Casa Fariña, Plaza de Azacárraga, A Coruña.
Mercería Maica, Rúa Faro, 6, Montealto, A Coruña.
Café de Macondo,  Rúa de San Andrés, 106, A Coruña.
Arquitectos Sen Fronteiras, E.T.S.ARQUITECTURA - Campus de A Zapateira s/n, A Coruña.
Café Tupinamba, Rúa Iglesia 62, Ferrol.


Cada calendario custa 10 €
Envíos: 10 € + 1,50 € de gastos de envío. 
Contactar  a través de mullerescolleiteiras@gmail.com






sábado, 13 de diciembre de 2014

Presentación nas Torres de Santa Cruz Oleiros

HOXE AS 19:00h NAS TORRES DE SANTA CRUZ, OLEIROS



As Colleiteiras estamos encantadas de invitarvos ao evento que terá lugar hoxe pola tarde ás 19h nas Torres de Santa Cruz, Oleiros.

O obxectivo é dobre: Por unha banda, a inauguración da exposición fotográfica co material realizado polos menores das Rañas e A Pasaxe, participantes no Obradoiro de Fotografía " Entre Nós" que levamos a cab coa colaboración de Gabriel Tizón
.


Ademais, a presentación e posta á venda dos calendarios 2015 coa imaxe das Mulleres Colleiteiras, que estarán a venta a próxima semana por 10€, realizados grazas ao traballo do fotógrafo Gabriel Tizón, en colaboración co Proxecto.

contamos coa vosa asistencia para dar apoio aos nenos tras o esforzo destes meses e participar na cómpra-venda de calendarios!


ESPERÁMOSVOS!!

lunes, 24 de noviembre de 2014

Candidatura do proxecto Mulleres Colleiteiras aos Premios de Voluntariado da Fundación Mutua Madrileña

Dende el Grupo de Traballo de Cooperación Local de Arquitectos Sen Fronteiras - Galicia, un grupo de 5 voluntarios presentou candidatura aos Premios de Voluntariado da Fundación Mutua Madrileña, para o proxecto Mulleres Colleiteiras.

A Fundación Mutua Madrileña repartirá un primeiro premio de 5.000 euros así como cinco segundos premios de 4.000 euros. 5 dos 20 proxectos seleccionados serán aqueles que tiveran máis visualizacións, así que NECESITAMOS O VOSO APOIO PARA DIFUNDIR O VIDEO. Mil gracias!


viernes, 7 de noviembre de 2014

PRIMEIRO REPARTO DE EMBUDOS ENROSCABLES NOS CENTROS EDUCATIVOS

Hoxe realizamos o primeiro reparto dos embudos enroscables para recollida de aceite en botellas de plástico, grazas ao Club de Leones
Os alumnos do IES Agra do Orzán e CEIP Raquel Camacho xa poden dispoñer desde cómodo aparello para almacenar o aceite doméstico, esperamos que sirva como ferramente para facer una inxente recollida en ambos centros
Nas próximas semanas repartiremos nos demais Centros Colaboradores e calquer outro que o solicite

GRAZAS


 

jueves, 30 de octubre de 2014

3 NOVOS PUNTOS DE RECOLLIDA NO BARRIO DA AGRA DO ORZÁN

Hoxe inauguramos 3 novos puntos de recollida no Barrio da Agra que estarán a disposición dos veciños e veciñas que queiran depositar o seu aceite e colaborar co noso Proxecto:

- CPR Tomás Barros (C/ Ramón María Aller, 10-12)

- IES Agra do Orzán (Calle del Catorce de Diciembre)

- ECOS DO SUR (C/Aaiún, 2 bjo)




GRAZAS  aos novos colaboradores por cedernos o seu espazo e ofrecernos o seu apoio

El Club de Leones A Coruña Decano apoia o Proxecto "Mulleres Colleiteiras"

El Club de Leones A Coruña Decano apoia o Proxecto "Mulleres Colleiteiras", a través dun Convenio de colaboración con Arquitectos Sen Fronteiras, onde ambas entidades acordan os termos de apoio a este Proxecto

A devandita colaboración ponse nesta ocasión de manifesto, a través da dotación a esta iniciativa de material específico necesario para o desenvolvemento da actividade, bidóns de almacenamento que serán distribuídos entre os clientes do sector HORECA.



Tanto Arquitectos Sin Fronteras-Galicia coma o Club de Leóns A Coruña Decano aposta por unha colaboración duradeira que facilite o desenvolvemento do Proxecto "Mulleres Colleiteiras".

Ademais, está prevista a dotación ao Proxecto uns embudos enroscables que faciliten o almacenamento do aceite en botellas de plástico, que serán distribuidos nos Centros Escolares.

GRAZAS

martes, 14 de octubre de 2014

Participación en Charity Shop VENTO

O sábado 11 de outubro as Mulleres Colleiteiras participamos na Charity Shop VENTO, un evento organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios en colaboración coa Asociación de Veciños do Ventorrillo, a Junta de propietarios do Centro Comercial Ventorrillo e o Concello da Coruña. O obxectivo do evento é doble: a recuperación do antiguo centro comercial para reconvertilo en Centro de Actividades e revitalizar o espazo, e o apoio a 25 organizacións da cidade. 

Durante a xornada o espazo convirtiuse nunha tenda efímera na que o público atopou ropa vintage, productos artesanais, ecolóxicos, de comercio xusto, de segunda mán e reciclados... 

No corner de Mulleres Colleiteiras aproveitamos para dar a coñecer o proxecto, informar sobre a instalación de puntos de recollida no Agra e o Ventorrillo nas próximas semanas, e facer novos contactos. Tamén ofrecemos información sobre os proxectos de Arquitectos Sen Fronteiras en Cooperación Internacional en Guatemala e tivemos á venda varios productos para financiación da organización.

Unha bonita experiencia para comezar a darnos a coñecer no barrio! 




jueves, 9 de octubre de 2014

Charity Shop VENTO

Este sábado 11 de outubro Mulleres Colleiteiras participa na "Charity Shop" organizada polo no Proxecto Integrador VENTO:
Esperamos que esta actividade supoño unha nova achega a este barrio onde Mulleres Colleiteiras inicia a súa campaña de implantación, sempre coa colaboración dos veciños e veciñas.


VENTO, el proyecto integrador que pretende revitalizar un barrio emblematico de nuestra ciudad.Un total de 25 organizaciones quieren hacer de tus compras un sentido y una causa que realmente importa!!! Daremos voz a todas ellas.Vento se transformará por un día en una inspiradora tienda efímera solidaria donde encontraras desde ropa vintage, productos ecológicos, artesanales, de segunda mano, reciclados …


Desde las 10:30 hasta las 21.00 no pararemos porque la razón de ser de la Charity Shop VENTO es escribir el futuro todos juntos!



GRAZAS AO PROXECTO VENTO POR DARNOS ESTA OPORTUNIDADE


mais info http://www.ventocoruna.com/charity-shop/


lunes, 28 de julio de 2014

NOVO PUNTO DE RECOLLIDA en TENDA ECOLÓXICA EQUILIBRIO, Os Mallos 1




Mulleres Colleiteiras continúa a ampliar a rede de puntos de recollida de aceite doméstico usado. Grazas á colaboración da TENDA ECOLÓXICA EQUILIBRIO habilitamos un novo Punto de Recollida, que quedou inaugurado cunha primeira xornada de difusión polo barrio o día 23 de xullo.

A colaboración xurde a través da participación na Feira de Economía Social, onde entramos en contacto e quedamos encantadas.

Pódense depositar xa os envases de aceite no contedor situado no Local comercial sito na Avda Los Mallos 1.

GRAZAS

jueves, 12 de junio de 2014

Obradoiro Elaboración de Xabrón



Onte mércores as Mulleres Colleiteiras celebraron o seu primeiro obradoiro de elaboración de xabrón de toucador, coa colaboración e tutorización da compañeira Marcia de La Jaboniere, unha grande artesá experta neste arte.





En anteriores ocasións tivemos a oportunidade de elaborar xabróns co aceite usado recollido, para lavado de roupa, louza etc
Esta vez utilizamos aceite de oliva virxe para xabóns corpo e toucador, concretamente, de chocolate.

Grazas a La Jaboniere por impartirnos este obradoiro e compartir os seus coñecementos e experiencia nesta liña que para as Colleiteiras é de grande interese.






martes, 3 de junio de 2014

XI Feira Solidaria Colexio Calasanz PP Escolapios

O pasado domingo 1 de Xuño, con motivo da recente colaboración co Colexio Calasanz PP Escolapios, Mulleres Colleiteiras participou na XI Feira Solidaria do Centro cun posto informativo onde se achegaron durante todo o día pais, alumnos e profesorado a interesarse pola iniciativa e o Punto de Recollida que permanecerá no Centro de forma permanente.

Unha boísima oportunidade para afianzar a colaboración co Colexio Calasanz que nos abríu as súas portas, así como achegar a nosa inicitiva e dala a coñecer.

GRAZAS pola boa acollida e parabéns pola iniciativa desta Feira


Feira de Economía Social

O pasado sábado 31 de Maio, Mulleres Colleiteiras tivo a oportunidade de participar na A 3ª EDICIÓN DA FEIRA DE ECONOMÍA SOCIAL

A iniciativa xurde logo de que dende hai uns anos e normalmente en maio,
na Coruña, celebrábase un evento na Praza de Pontevedra, con motivo do Día
do Comercio Xusto. A iniciativa adoitaba xurdir de Intermón, Solidariedade
Internacional, Labañou Solidaria, ... e participaban outras organizacións
similares. Hai dous anos Zocamiñoca e outros agricultores locais
sumáronse á xuntanza, abrindo a temática dela e xa que o comercio tamén
debe ser xusto a nivel local. Organizouse unha pequena feira, á que
acudiron diversas organizacións (Intermón, Solidariedade Internacional,
Labañou Solidaria, Fiare, Zocamiñoca e agricultoras locais de verdura).
 

Este ano, nesta Feira xuntáronse diversas entidades ou persoas que se adican profesionalmente á economía social para reivindicar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real e próxima, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e
traballadoras e tamén a calidade da nosa propia vida.


GRAZAS por contar con Mulleres Colleiteiras e darnos a oportunidade de coñecer outras iniciativas de economía social, compartir experiencias, establecer sinerxias e colaboracións.



sábado, 24 de mayo de 2014

NOVO PUNTO DE RECOLLIDA no Centro Comercial Los Rosales

De novo, grazas ao apoio da Asociación de Veciños de Los Rosales e neste caso, do Centro Comercial Los Rosales, Mulleres Colleiteiras habilita o seu terceiro Punto de Recollida no barrio.

Dende hoxe pódese depositar os envases de aceite no contedor situado no Centro Comercial Los Rosales, parking planta 0, sito na Ronda Outeiro 419.

Este novo punto atópase nun lugar estratéxico pola gran afluencia de persoas e polo tanto esperamos que teña un gran impacto.

Invitámos a todos os veciños e veciñas a despositar os envases de aceite.

MOITAS GRAZAS

sábado, 17 de mayo de 2014

NOVO PUNTO DE RECOLLIDA no Colexio Calasanz PP Escolapios

Grazas á colaboración e participación da Asociación de Veciños de Los Rosales e da comunidade educativa do centro, habilitamos un novo Punto de Recollida.

Dende hoxe pódese depositar os envases de aceite no contedor situado no Centro Calasanz PP Escolapios sito na Carretera de los Fuertes nº10

As Colleiteiras desplazáronse ao centro e prodeceuse a inaugurar este novo punto de recollida, que xa conta coa implicación absoluta do Centro tanto na campaña de difusión como na de recollida.

Considerando os Centros educativos como parte fundamental e imprescindible do proceso de concienciación e sensibilización en materia medioambiental, agradecemos a boa acollida desde Centro e do Barrio de Os Rosales á nosa iniciativa.

Invitámos a todos os veciños e veciñas a despositar os envases de aceite.

MOITAS GRAZAS



miércoles, 16 de abril de 2014

NOVO PUNTO DE RECOLLIDA no barrio AGRA DO ORZÁN

Grazas á colaboración e participación no Proxecto TEST Experiencias POP UP., habilitamos un novo Punto de Recollida.

 Dende hoxe, ata xullo, pódese depositar os envases de aceite no contedor situado no Local comercial sito na R/ Corcubión 23 , ao lado do Mercado As Conchiñas na R/ Barcelona.

A colaboración xurde a través da participación neste Proxecto de experiencias empresariais e comerciais, no que As Colleiteiras participaron conxuntamente con La Jaboniere do 7 ao 12 de Abril.
Unha vez rematado ese prazo, desplazámonos á exposición permanente onde habilitamos un punto fixo de recollida e material informativo.

Como primeiro contacto co barrio Agra do Orzán, Invitámos a todos os veciños e veciñas  a despositar os envases de aceite.

GRAZAS




martes, 8 de abril de 2014

MULLERES COLLEITEIRAS CHEGA AO BARRIO AGRA DO ORZÁN


10, 11 e 12 de abril
Rúa Barcelona, 58


Os días 10, 11 e 12  de abril Mulleres Colleiteiras participará xunto a La Jaboniere no proxecto TEST Experiencias POP UP. Durante estes días poderedes atoparnos no local da Rúa Barcelona 58, en horario de 10.30h a 13.30h e de 17.00h a 20.00h.

Quedades convidados/as a asistir e compartir connosco estes días e as actividades programadas:

-Presentación do audiovisual do proxecto Mulleres Colleiteiras (mércores as 19h)
-Venda de xabóns artesanais
-Obradoiro de elaboración de xabón (xoves 10 as 18h e sábado 12 as 12h)


Durante estes días estará habilitado un punto de recollida de aceite para depositar este residuo e desfacervos das botellas que teñades na casa.


Vinde a coñecernos, agardámosvos!



NOVO PUNTO DE RECOLLIDA NO COLEXIO ANDAINA

NOVO PUNTO DE RECOLLIDA NO COLEXIO ANDAINA

Grazas á colaboración e disposición de ANDAINA, habilitamos un novo Punto de Recollida.
 Dende hoxe pódese depositar os envases de aceite no contedor situado no Colexio ANDAINA 
R/ Aguaceiros, 21. 15174 Rutis-Culleredo (A Coruña).
A colaboración xurde a través dunha asignatura impartida polo centro, no que os alumnos deben deseñar e poñer en práctica unha iniciativa emprendedora.

As Colleiteiras desplazáronse ao centro onde, tras unha charla expositiva do Proxecto e coñecer ao grupo de alumnos, prodeceuse a inaugurar este novo punto de recollida, que xa conta coa implicación absoluta do alumnado do Centro tanto na campaña de difusión como na de recollida.


Considerando os Centros educativos como parte fundamental e imprescindible do proceso de concienciación e sensibilización en materia medioambiental, esperamos que a colaboración sea por moito tempo e que os alumnos sean os promotores dunha nova conciencia ecolóxica e de reciclaxe doméstico.


GRAZAS



Mulleres Colleiteiras en Los Rosales

NOVO PUNTO DE RECOLLIDA

Co apoio da colaboración dos Veciños, logramos inaugurar o primeiro Punto de Recollida no Barrio, dende hoxe pódese depositar os envases de aceite no contedor situado no CEIP PARDO BAZÁN.

A colaboración con este Centro comeza no 2013 coa doazón  por parte dos alumnos de infantil a este Proxecto, a través do cheque solidario. Esta doazón fixo posible o inicio de Mulleres Colleiteiras

Un ano despois inauguramos a chegada da iniciativa ao barrio, da man dos nosos primeiros e mais especiais colaboradores.

GRAZAS


martes, 18 de marzo de 2014

La Voz de Galicia 13/03/2014 | "Coaching" para chabolistas



Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras

Arquitectos Sin Fronteras é  unha Organización Non Gubernamental de Desenvolvemento constituída no ano 1992 e declarada de utilidade pública en 1999 e unha entidade de iniciativa social inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais o 9 de maio de 2011.

ASF-Galicia ten o seu domicilio social en Galicia, na Escola Técnica Superior de Arquitectura, Campus A Zapateira s/n, 15071 A Coruña e non se atopa nalgunha das situacións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.     ASF actúa con independencia de criterios políticos, relixiosos e económicos e está integrada por persoas que cren na defensa dos dereitos humanos para lograr un mundo máis xusto.

A estrutura organizativa de Arquitectos Sen Fronteiras ten un carácter descentralizado, con varias demarcacións territoriais de ámbito autonómico que comparten un mesmo plan estratéxico pero que estatutariamente dispoñen de autonomía a nivel de xestión e operacional, así como dunha organización interna autorregulada por textos propios (Asemblea xeral, Xunta Directiva, grupos de traballo) e recursos propios (voluntarios/as, equipo contratado, etc.).
Os grupos de traballo dos/as voluntarios/as son a ferramenta que ten a demarcación para levar a cabo as actividades que se contemplan nos diferentes proxectos, os cales son aprobados, revisados e avaliados pola Xunta Directiva da demarcación. Por outro lado, o equipo contratado vela pola xestión e coordinación de proxectos e apoia o traballo dos/as voluntarios/as. A estrutura interna da Demarcación de Galicia de ASF está baseada na democracia participativa e na transversalidade.
A Demarcación de Galicia de ASF conta actualmente cunha media de arredor de 20 voluntarios en activo e con 78 socios organizados en diferentes estruturas orgánicas de toma de decisións. O órgano directivo da Demarcación é a Xunta Directiva, escollida pola Asemblea xeral de socios da Demarcación.

No ano 2010 ASF-Galicia elabora un marco estratéxico de acción social (Cooperación Local), facendo unha aposta por ampliar a súa área de traballo no ámbito local co obxectivo de fomentar a inclusión social dos colectivos vulnerables en Galicia traballando a favor da satisfacción axeitada das súas necesidades fundamentais, a partir do cumprimento das condicións básicas de habitabilidade e da erradicación de pautas racistas e discriminatorias.

O grupo de cooperación local concretiza este traballo en intervencións contra as diferentes formas de exclusión social e marxinación que se derivan da carencia dun hábitat digno en Galicia. Estas intervencións forman parte do ámbito de actuación do sistema de dereitos sociais vixente en Galicia ao ter coma obxectivo: “prevenir e superar as causas que orixinen as necesidades sociais, dando a debida prioridade ás accións preventivas e ao enfoque comunitario das intervencións sociais” (Lei 13/2008 aprobada polo Parlamento de Galicia).

As intervencións de acción social articúlanse arredor dos seguintes obxectivos específicos:

-Diminuír a situación de exclusión e marxinación social nos asentamentos precarios mediante a sensibilización da cidadanía, a incidencia política cos poderes públicos e a mobilización social.
-Mellorar as condicións de habitabilidade da poboación obxectivo, traballando no diagnóstico de realidades complexas e o asesoramento técnico en materia urbanística, arquitectónica e construtiva, en colaboración con todos os actores sociais implicados.
-Fomentar a inclusión da poboación obxectivo a través da cohesión e o empoderamento social, a educación, a formación e o emprego.


Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras

II. Programas e  actividades  que leva a cabo

A ferramenta diferencial de ASF Galicia para acadar a misión de lograr un mundo xusto e solidario, é reivindicar o dereito ao hábitat como necesidade básica imprescindíbel para vivir con dignidade e seguridade, para desenvolver libremente a propia personalidade e para participar libremente na vida comunitaria.

ASF-Galicia considera que a vulneración deste dereito básico dana a integridade física e mental das persoas, a súa vida privada, familiar e social, o seu dereito ao traballo, á educación e a participación política e cidadán. 
Arquitectos Sen Fronteiras leva varios anos activando proxectos de acompañamento á poboación, asesoramento técnico e incidencia política nos asentamentos precarios  de A Coruña, co obxectivo de mellorar as condicións de habitabilidade que a poboación padece, e facendo seguimento dos problemas socias da comunidade.
Esta situación de carencia de vivenda prolongada no tempo xera unha problemática de exclusión social de carácter multidimensional que están a padecer milleiros de persoas que viven en asentamentos precarios e chabolistas urbanos en Galicia. Ante esta situación ASF entende a “Erradicación do Chabolismo”  como a satisfacción dun conxunto de necesidades que se deben encaixar dentro dun programa de accións que teñan como obxectivo a inclusión social, por elo o nome do proxecto que ASF desenvolve no marco da problemática chabolista de A Coruña leva o nome de “Programa de inclusión social en asentamentos chabolistas”.


Dende o de Grupo de Cooperación Local de ASF-Galicia lévanse a cabo accións de acompañamento á poboación, asesoramento técnico e incidencia política nos asentamentos precarios da Coruña, co obxectivo de mellorar as condicións de vida da poboación



Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras

III. Cooperación con outras entidades

É imprescindible a implicación de todos os axentes participantes, poderes públicos, técnicos e cidadanía. Trátase de achegar un traballo complementario aos servizos sociais de base, actuando como rede capilar que multiplica o alcance das accións grazas á achega do traballo voluntario.

Polo tanto, o obxectivo será traballar paralelamente e de forma coordinada cos técnicos locais xa implicado (traballadores sociais de base, técnicos, profesores e orientadores, terceiro sector…) para xuntar esforzos e xerar sinerxías de traballo óptimas.

O fenómeno da exclusión social trátase dun problema complexo que precisa unha perspectiva interdisciplinar para a súa abordaxe e unha diversidade de axentes que participen activamente en todas as fases dá intervención: na identificación, na formulación, na execución, no seguimento, na avaliación e na reformulación continuada nun proceso aberto.

Englobamos a diversidade de axentes ou actores en 3 grupos imprescindibles, cos cales contactamos e traballamos de forma coordinada, implicándoos no proceso de intervención e favorecendo a súa participación nalgunhas das actividades levadas a cabo por ASF-Galicia:

-Poderes públicos locais, comarcais e autonómicos con competencia nos distintos ámbitos de prestación de servizos ao cidadán onde se concretan as problemáticas dos colectivos excluídos.

-Técnicos: entidades profesionais do Terceiro Sector e técnicos da Administración.

-Cidadanía: colectivos en exclusión que serán os protagonistas, dinamizadores e articuladores do seu propio proceso de cambio, os movementos sociais e a cidadanía en xeral.

Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras

IV. Áreas de intervención y líneas prioritarias

A filosofía de traballo fundaméntase en 4 eixes temáticos ou áreas de intervención interrelacionadas, todas elas prioritarias no proceso de integración social: a educación, a sanidade, tanto en estado físico como psíquico, a inserción laboral, como aspecto fundamental e principal mecanismo de integración social e desenvolvemento persoal e, por último, a habitabilidade, o dereito a un fogar e un ámbito axeitado que garanta o pleno desenvolvemento humano e social.

Desta forma pretendemos dar continuidade ao traballo realizado durante os últimos dous anos dende ASF-Galicia e, seguindo a metodoloxía de traballo, establecemos as seguintes liñas prioritarias:

- Loita contra a situación de exclusión e precariedade e, sobre todo, contra os efectos que ten sobre a poboación que a padece.

- Implicación de todos os axentes participantes, poderes públicos, técnicos e cidadanía: corresponsabilidade social da intervención.
-Traballo coordinado cos Servizos Sociais de Base e de mediación entre os recursos existentes, municipais e do Terceiro Sector, achegando as persoas aos recursos e viceversa, realizando un seguimento conxunto e un traballo complementario.

- Atención personalizada e específica dentro da diversidade poboacional e en cada área de intervención de forma coordinada.

- Promoción do traballo voluntario e fortalecemento da intervención con persoal especializado para optimizar a achega dos voluntarios e lograr un maior impacto nas actividades realizadas.

-Visibilización e enfoque intercultural desta complexa realidade como primeiro paso para combater o illamento e a segregación, favorecer unha convivencia intercultural e combater os prexuízos e pautas racistas.

- Traballo de empoderamento da poboación, traballando a motivación da poboación dende as fases iniciais de identificación e deseño da intervención así como contar coa súa participación durante todo o proceso. 

Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras

V. Contexto da intervención
Entre os anos 50 e 60 tivo lugar en España un proceso de sedentarización por parte da poboación xitana, que obecedeu ás transformacións producidas na estrutura social e económica da sociedade. Esta sedentarización deuse nomeadamente nas zonas urbanas na busca de alternativas económicas e laborais.
Os asentamentos supuxeron a posta en marcha de algúns mecanismos, escasos,  de cara á integración social, como puido ser a escolarización, pero tamén un debilitamento  do colectivo e da súa cultura, isto provocou un desaxuste que aínda hoxe está sen resolver en moitos casos.
Nos anos 60, no caso de A Coruña, comezaron a implantarse algunhas medidas municipais  de realoxo en zonas periféricas que deron nacemento a asentamentos de infravivendas que aínda perduran hoxe, como é o caso do barrio do Campanario en O Portiño;  outras familias quedaron ao marxe deste planes e seguiron nos asentamentos de chabolas. Posteriormente, nos anos 80, co motivo da construción dunha grande superficie comercial,  desmantelouse o asentamento de chabolas que existía na zona de A Cubela, orixinando a creación de 3 novos asentamentos precarios: Penamoa, As Rañas e A Pasaxe.

As Rañas, froito dunha iniciativa particular da familia xitana Gabarri- Borja e mostra do seu desexo de normalización coa compra duns terreos no núcleo de Martinete-As Rañas no ano 1986.
O poboado está formado por 84 persoas distribuídas en 22 núcleos familiares, todas elas son descendentes da matriarca, María Borja Gabarri. Nas Rañas a integración social é forte e, aínda que o nivel educativo das familias é baixo, cunha porcentaxe significativa de adultos sen alfabetizar, todos os nenos desta comunidade están escolarizados no colexio Manuel Murguía. As actividades laborais dos poboadores son principalmente a venda ambulante e a compravenda de chatarra.

A Pasaxe, onde se aloxaron xitanos convivindo con mercheros e portugueses, procedentes da rexión de Tras os Montes, nas naves abandonadas da “Conserveira Celta” e de “Jabones la Toja”. Este asentamento perdura dende os anos 80 ata día de hoxe,  apartado da sociedade e envolto nun alto grao de vulnerabilidade e exclusión social.
A parcela caracterízase pola existencia de naves industriais en actividade (conxelación e reparación de automóbiles) e as ruínas das antigas construcións onde se aloxaba a poboación de etnia xitana de orixe galego e a de orixe portugués. Na actualidade se sitúan a maioría das familias orixe galego na franxa costeira ao borde da ría e as familias portuguesas nos terreos que se extenden entre a ría e a vía de ferrocarril ao oeste aloxados en chabolas organizadas en ringleiras paralelas á antiga nave de Jabones La Toja, afectada por perigo de derrumbe.

Según os datos extraídos no actual proceso de realización do censo por parte de ASF-Galicia, viven de forma permanente no asentamento da Ponte Pasaxe un total variable (según as obrigas das súas ocupacións informais) entre 45 e 50 unidades de convivencia, 13 de elas son de etnia xitana de orixe galego e o resto de orixe portugués, cunha poboación total que ronda as 150-200 persoas con máis de 50 nenos (menores de 13 anos). 
As condicións de habitabilidade están moi por debaixo dos standares mínimos reconocidos polo Comité Hábitat de Nacións Unidas provocando graves problemas de salubridade e de saúde que están afectando a cotío á poboación e ás condicións medioambientais da contorna o que supón unha situación de emerxencia humanitaria.
As actividades laborais ás que se dedica a poboación son de carácter informal ligadas ao marisqueo, á chatarra e a venda ambulante. É minoritario o número de persoas que dispón de carné de mariscador (menos de 10 persoas).
Aínda que todos os nenos e nenas estean escolarizados, resulta alarmante a elevada porcentaxe de absentismo e abandono escolar así como analfabetismo en adultos.

miércoles, 12 de marzo de 2014

IMPACTO-FITOS
Mulleres Colleiteiras nace o 8 de Marzo de 2013 e funciona como proxecto piloto dende o mes de abril de 2013. A fase de sensibilización previa é clave no éxito inicial da iniciativa. A posta en marcha de a experiencia Piloto no barrio de Monte Alto dá comezo de forma efectiva en Abril de 2013.

FITOS INTERNOS
En canto as traballadoras, son máis de 20 mulleres as que están participando de forma activa nesta iniciativa dende o seu inicio ata a actualidade, se percibir retribución ningunha, de forma completamente voluntaria.

Durante ese tempo, as mulleres participantes están a recibir formación específica en
áreas de xestión empresarial e ténicas de venda, entre outros. Así mesmo, traballouse por o empoderamento das traballadoras, implicándoas en todo o proceso organizativo e de implementación.

As súas funcións son, entre outras: organizar as quendas e calendarización, captación de novos puntos de recollida, atención ao cliente, asistencia a formación e reunións formativas... así como no traballo de cara ao público: asistir e impartir charlas, postos informativos, entrevistas de raio, reportaxes televisivas, captación de novos clientes...

Trátase dun proceso gradual de empoderamento e capacitación para a obtención de habilidades e profesionalización das traballadoras.

Neste sentido detéctanse múltiples avances e unha mellora significativa da implicación das mulleres no proceso e sobre todo, o incremento da autoestima e de actitudes activas.

FITOS EXTERNOS
En canto aos logros de carácter externo, destacar o impacto mediático (medios
televisivos, radiofónicos e prensa, que se poden consultar na memoria anexa) e na
cidadanía.
O obxectivo é lograr a implicación de todos os axentes participantes, poderes públicos,
técnicos e cidadanía de forma que actúe como rede capilar que multiplica o alcance das accións. Polo tanto, trabállase paralelamente para buscar colaboradores e xerar sinerxías de traballo óptimas:

- Administración pública:
Concello de Coruña e limítrofes

Deputación e Xunta de Galicia
Universidade de Coruña

EMALCSA e Edar de Bens
-Sector privado:
Xestor autorizado: empresa Reciflú, reciclaxe de fluídos e sólidos.
Erosky-Vegalsa: cesión de espazo para puntos de recollida

- Sector asociativo
Asociacións de Veciños: de Monte Alto, Os Castros, Os Rosais...
Fundación Ronsel, Fundación Paideia, Cruz Vermella
Institutos e colexios como vía de difusión e puntos de recollida.

FUTURO

O impacto social irase incrementando na medida que amplíen o seu ámbito territorial e a súa actividade, así como a súa capacidade para difundir a súa iniciativa e crear unha rede corporativa para compartir a súa experiencia e modelo con outras entidades, grupos ou espazos territoriais que inicien un Proxecto similar.

O ámbito de actuación territorial estenderase de forma gradual a outros barrios da
Coruña e Concellos limítrofes; incrementando a recollida a maior escala, en bares, restaurantes e grandes produtores, o que permitirá incrementar a produción e os postos de traballo, sempre de forma sostible e co obxectivo de reutilizar o residuo reciclado no ámbito local, co mínimo custo enerxético e económico.

Estudaranse ademais novas vías de mercado: tratamento e reutilización do aceite a cargo da propia empresa; recollida e reutilización doutros residuos ou a prestación de servizos relacionados.
PREMISAS DO TRABALLO
            
 Promover o emprego feminino
Trátase de fomentar o emprego feminino como medida de acción positiva fronte a unha cultura e sociedade que prima o emprego masculino, considerando as mulleres como principal motor do tecido comunitario e
doméstico así como do coidado e sustentabilidade dos seus fillos.
O diagnóstico comunitario e individualizado por unidades de convivencia e os traballos de empoderamento realizados coa poboación dos asentamentos chabolistas reflicten o rol básico e fundamental que asumen as mulleres nos procesos de cambio, apostando por un futuro mellor para os seus fillos.
Polo tanto se plantexa a creación desta alternativa de autoemprego para as mulleres con motivación polo cambio e pola mellora das súas condicións de vida, fomentando as actitudes pro-activas de inserción social fronte ás actitudes pasivas de continuidade da dependencia e da exclusión.

Promóvese a motivación polo cambio e a mellora social das mulleres, priorizando a aquelas que teñan unha situación de maior vulnerabilidade e avaliando do mesmo xeito as que xa dispoñan de certas capacidades e
experiencia de traballo como as que se dispoñan a aprendelas, amosando un afán de superación e de crecemento persoal.

Promover o ciclo completo, dende a recollida ata a reutilización, nun proceso local e de baixo custe.
Trátase de promover un proceso local e de baixo custe fronte a intervencións custosas e de maior impacto na contaminación medioambiental.
 No desenvolvemento do procesado do aceite diferéncianse varias etapas que nos permitirá ir asumindo pouco a pouco a intervención ata abarcar o proceso total e pechar o ciclo de xestión do aceite nun proceso local.

1. Recollida selectiva do aceite: combinando os sistemas de puntos de recollida fixos: colectores de 240L distribuídos en lugares estratéxicos de doado acceso e tránsito fluído; recollida porta domiciliar, recollida en restaurantes, bares e grandes produtores.

2. Almacenamento do aceite á espera do seu tratamento:
Actualmente o aceite recollido almacénase nun depósito homologado propio (tank de 1000 l. metálico con indicador de nivel) situado nun Punto Limpo Municipal. Posteriormente, estudarase a posibilidade de procurar un local de almacenamento de maior capacidade e de uso propio.

3- Tratamento do aceite para o seu uso posterior:
Neste período inicial a xestión e transformación é a cargo dun xestor autorizado, Empresa de Reciclaxe de Fluídos e Sólidos (Reciflu), ubicada en Narón.

O obxectivo a longo prazo da empresa será converterse en xestor autorizado cuxo obxectivo final sexa a utilización directa do biocombustible tras un proceso mínimo de transformación para permitir a súa utilización a nivel local, evitando así un consumo innecesario de enerxía e crear un modelo empresarial viable e eficiente.
Conseguir pechar o ciclo do aceite a nivel local por parte dun colectivo de mulleres en exclusión social traballando conxuntamente coa cidadanía e xestionando a súa transformación para utilizar o biocombustible
nas instalacións de calefacción ou piscinas da Universidade de A Coruña ou dos equipamentos do Concello, aportaría un alto valor engadido á proposta de emprego destacando o traballo en rede e a responsabilidade social das nosas institucións ademais de aportar unha proposta eficiente na reutilización do residuo fronte ao custe económico e medioambiental do seu transporte e transformación fóra de Galicia.
Así, a partir dunha actividade de baixo custe se xeraría emprego para man de obra desempregada local, se evitaría o consumo enerxético do transporte da materia e ésta tería unha transformación mínima para un uso a nivel local

Promover a inserción sociolaboral
Trátase de empregar o excedente de man de obra da poboación en exclusión fronte a alternativas tecnolóxicas e custosas que substitúan o traballo humano. E, deste xeito, mellorar as relacións sociais que favorezan a inclusión social destas mulleres traballadoras.
Esta iniciativa pretende amosar o interese de persoas excluídas socialmente de reintegrarse na sociedade e de participar activamente nela.
A experiencia compartida coas mulleres dos asentamentos de Pasaxe e Rañas amosa que as medidas económicas de inserción social (como a RISGA) lonxe de acadar o seu obxectivo de promover un itinerario de inserción se converten en ferramentas que apuntalan e perpetúan a dependencia. Detéctase unha carencia de ferramentas e de recursos humanos precisos para implementar, acompañar e dar seguimento ao itinerario de inserción complementario á tramitación da prestación social.

Esta proposta preséntase coma unha ferramenta real de inserción social que nace do traballo cercano e directo coas mulleres dos poboados chabolistas, do coñecemento das súas aspiracións e capacidades e da súa implicación e motivación en levar adiante un proxecto real de inserción.
PERTINENCIA DO PROXECTO


De tipo económico e ambiental: recollida selectiva do aceite

Na situación actual, a falta dunha recollida selectiva, o aceite doméstico que se verte polo vertedoiro, ocasionando altos custes de mantemento para as redes de sumidoiros e, sobre todo, para as instalacións das depuradoras que os procesan. Xa na depuradora, a auga pasa por unha serie de etapas de separación e filtración que inclúe a retirada de sustancias que quedan flotando, entre as que se atopa o aceite.

Desta separación se obtén un residuo graxo moi deteriorado que pode recibir distintos tratamentos pero que será moi pouco adecuado como combustible.   O seu destino pode ser o vertido, a incineración ou a compostaxe, pero incluso a compostaxe destas graxas sería moi problemático por estaren contaminadas.
Estas solucións non son ambientalmente satisfactorias.

Aínda tras esta etapa de desengraxado, na auga residual queda unha porcentaxe significativa (30% ó 40% aproximadamente) referida a graxas de partículas máis finas que pasan ás etapas posteriores e que representa o aceite vexetal que acaba chegando aos ríos, mares e acuíferos en xeral.

Por outro lado, o aceite doméstico que se verte polo vertedoiro, ocasionando altos custos de mantemento para as rede de rede de sumidoiros e para as instalacións das depuradoras que os procesan, supoñendo un gasto estimado de 2,40 € por cada litro de aceite vertido.

Si optamos por facer unha recollida selectiva do aceite, teremos un dobre beneficio, tanto económico como medioambiental:

- aproveitamos un recurso moi enerxético: o aceite podería utilizarse como biocombustible (aceite de elevado poder calorífico), o que evitaría a emisión de importantes cantidades de CO2 á atmosfera, pois é un combustible máis limpo que os fósiles. Deste xeito conseguimos a redución na xeración do residuo urbano procedendo á súa reutilización e reciclado.
- resolvemos o problema do vertido (custes de separación na depuradora, custes de tratamento do residuo graxo, problemas de contaminación ambiental na auga, etc.)

De tipo social e local: inserción socio laboral de mulleres en exclusión social e xestión local do proceso.
Para aumentar a rendibilidade da proposta e para dar cumprimento ao aumento da empregabilidade do colectivo en exclusión social co que traballamos, apostamos por un traballo manual e con baixo custe de
inversión fronte a unha solución de custosa inversión en tecnoloxía e de baixa empregabilidade.

“ Mulleres Colleiteiras” combina perfectamente a obtención de valor económico e a obtención de valor social e ambiental vinculados á implementación do proxecto. É ademais, un servizo para o cidadán que
actualmente non ten cuberta esta necesitade de desfacerse dun residuo contaminante.

Desta forma, a diferenza das iniciativas que están a funcionar mediante a recollida no sector da hostalaría, Mulleres Colleiteiras pon ao alcance do cidadán a posibilidade de reciclar este residuo dunha forma sinxela, e polo tanto supón unha vantaxe ao acceder a unha bolsa de demanda que non está a ser atendida.
DESCRIPCIÓN DO PROCESO

Seleccionamos a recollida de graxas domésticas como principal residuo urbano a xestionar, por non existir aínda unha recollida selectiva deste produto e seren un campo aínda sen controlar por grandes empresas e sen concesionar por parte dos Concellos, e realizamos o estudo de viabilidade vinculado ao autoemprego para as mulleres.

Nesta fase previa trátase de desenvolver un proceso inicial moi intenso de aprendizaxe social e organizativo, ademais do empoderamento que permita ás mulleres sentir a alternativa de autoemprego creada como propia e xestionada baixo a súa responsabilidade.

 EXPERIENCIA PILOTO NO BARRIO DE MONTEALTO

Froito da necesidade de por en práctica esta experiencia para analizar e valorar posibles problemas, debilidades, fortalezas, etc. e coñecer ademais a opinión dos/das participantes e dos traballadores/as…
Contactouse coa Asociación de Veciños do barrio de Montealto para por en marcha a iniciativa.
A idea desta proba é poder testear a organización do traballo, o método e as aptitudes das mulleres para a recollida do aceite, así como coñecer as valoracións dos veciños/as en relación ao proceso de recollida.
Os resultados desta iniciativa maniféstase por un lado na poboación obxecto e as participantes, con máis de 20 mulleres; o impacto mediático (medios televisivos, radiofónicos e prensa) e na cidadanía.
A posta en marcha da experiencia Piloto no barrio de Montealto dá comezo de forma efectiva en Abril de 2013.
A disposición por parte da Asociación de veciños permite o contacto coa cuidadanía que acolle o proxecto como propio e valoran o aspecto social e ambiental así como o servizo prestado.
A colocación dos puntos de recollida ten un efecto inmediato, comezando a recollida de forma rápida. Así mesmo, o contaxio da iniciativa a outros barrios e persoas, que demandan este servizo é palpable, manifestando o seu interese expreso dende colexios, asociacións de veciños e concellos limítrofes.

Actualmente, están en funcionamento 15 colectores, distribuídos fundamentalmente en Monte Alto, e noutros 3 puntos estratéxicos fóra do barrio.

A planificación pretende realizar un proceso de implementación gradual, no cal se irán desenvolvendo as etapas de acordo coa experiencia dos implicados/as, os resultados obtidos e os medios dispoñibles; coa idea de que as traballadoras se vaian formando progresivamente, ao mesmo tempo que melloran e consolidan as súas capacidades. Deste xeito, preténdese acadar o obxectivo de crear un modelo empresarial viable, sostible e coherente coa realidade ata ofrecer un servizo integral de recollida reutilización do, tratamento e aceite recolectado.


PROCESO PARTICIPATIVO
Durante todo o proceso de creación da empresa, contase coa implicación e participación das mulleres dende a fase inicial, asistindo ás reunións informativas e de organización, así como as xornadas formativas de capacitación necesarias para levar a cabo a actividade.

Preténdese con isto, construír conxuntamente unha iniciativa propia das mulleres traballadoras, cunha visión estratéxica e loxística adaptada ás súas competencias.

O grupo de mulleres colleiteiras, participa activamente de todos os procesos que atinxen a posta en marcha desta proposta. Este punto é especialmente importante de cara ao obxectivo principal do proxecto que é que sexan as xestoras da empresa, incrementando progresivamente as súas responsabilidades en función das capacidades adquiridas.

Promóvese a motivación polo cambio e pola mellora das súas condicións de vida, fomentando as actitudes pro-activas de inserción social fronte ás actitudes pasivas de continuidade da dependencia e da exclusión.

Nesta fase previa trátase de desenvolver un proceso inicial moi intenso de aprendizaxe social e organizativo, ademais do empoderamiento que permita ás mulleres sentir a alternativa de autoemprego creada como propia e xestionada baixo a súa responsabilidade.

Blog de la Asociación de Vecinos de Los Rosales, 21/02/2014: Mulleres Colleiteiras




Mulleres Colleiteiras en la web municipal




http://coruna.es/servlet/Satellite c=Page&cid=1134487388083&idioma=es&itemID=1263846139238&itemTemplate=Portal-
Entidad-Detalle&itemType=Entidad&pagename=Portal%2FPage%2FPortal-SubportadaSeccion

La Opinión A Coruña, 25/01/14: "Yo quiero llegar a algo"

La Opinión A Coruña, 25/01/14: "Yo quiero llegar a algo"



http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2014/01/25/quiero-llegar/805064.html


Revista Mirador de Hércules, enero 2014: Mulleres Colleiteiras en Monte Alto










viernes, 7 de marzo de 2014

Sábado día 8 de Marzo ás 18 h Centro Cívico Municipal Os Rosales Asamblea aberta informativa do proxecto

Dende Arquitectos Sen Fronteiras vos convidamos a asistir a presentación de " Mulleres Colleiteiras" que terá lugar o vindeiro sábado 8 as 18h no Centro Cívico de Los Rosales

Con esta asamblea, que organiza Arquitectos Sen Fronteiras en colaboración coa Asociación de Veciños de Los Rosales, queremos celebrar convosco o Día da Muller Traballadora, e dar o primeiro paso para por en marcha a recollida de aceite no barrio coa colaboración imprescindible d@s veciñ@s.

Para presentar a iniciativa, proxectaremos un audiovisual que recolle a andadura do último ano, precisamente o día 8 de Marzo, día internacional da Muller, “Mulleres Colleiteiras” celebra o seu I Aniversario dende a primeira reunión das mulleres para a planificación do Proxecto.

O audiovisual de “Mulleres Colleiteiras” que proxectaremos durante a presentación está realizado e editado por Xosé Bocixa, TingaLaranga AudioVisual, colaborador activo do Proxecto.

Quedades convidados a asistir!

miércoles, 5 de marzo de 2014

Reportajes de televisión

La Sexta: El reciclaje de aceite, una oportunidad de futuro:

http://www.lasexta.com/videos-online/noticias/solidaridad/reciclaje-aceite-oportunidadfuturo_
2013042000022.html


RTVEG Telexornal-Galicia, 07/05/13 (minutos 2:40 y 14:05):





http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-07-05-13/1806012/



RTVE, Aquí hay trabajo, 23/05/13 (minuto 5:35):




http://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-hay-trabajo/aqui-hay-trabajo-23-05-13/1833133/



Blog Asociación de Vecinos de Los Rosales, 26/10/13: Mulleres Colleiteiras




http://avvrosales.blogspot.com.es/2013/10/mulleres-colleiteiras.html

La opinión A Coruña, 17/11/13: Mulleres Colleiteiras recogerá aceite utilizado en Os Castros

La opinión A Coruña, 17/11/13: Mulleres Colleiteiras recogerá aceite utilizado en Os Castros

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/11/17/mulleres-colleiteiras-recogera-aceite-utilizado/783740.html

El Ideal Gallego, 26/10/13: La Obra Social La Caixa respalda la recogida de aceite en Monte Alto

El Ideal Gallego, 26/10/13: La Obra Social La Caixa respalda la recogida de aceite en Monte Alto



http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/obra-social-caixa-respalda-recogida-aceite-montealto/
20131025234441155442.html

La Opinión A Coruña, 26/10/13: Las "Colleiteiras" llegan a Os Rosales

La Opinión A Coruña, 26/10/13: Las "Colleiteiras" llegan a Os Rosales



http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/10/26/colleiteiras-llegan-rosales/776363.html

Galicia Dixital, 15/10/13: Mulleres Colleiteiras



http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.9871.php

La Opinión A Coruña, 18/07/13: Sacar partido al aceite



http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/07/18/sacar-partido-aceite/743363.html

El Ideal Gallego, 18/07/13: Un grupo de mujeres chabolistas inicia la recogida de aceite usado en Monte Alto







El Ideal Gallego, 18/04/13: Monte Alto participará en un proyecto con chabolistas para la recogida del aceite usado





http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/monte-alto-participara-en-un-proyecto-con-chabolistas-para-larecogida-del-aceite-usado/20130418000309123705.html

La Opinión A Coruña, 18/04/13: Color rosa para cambiar de vida



La Opinión A Coruña, 18/04/13: Color rosa para cambiar de vida


http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2013/04/18/color-rosa-cambiar-vida/713149.html




Método de Recollida


Depositar os envases de plástico, ben pechados, nos contenedores
habilitados, que se poden consultar no mapa e se actualizarán a través da web.

NON VERTER

Para facilitar o almacenamento do residuo, tanto en domicilios,
bares, restauración, cociñas, colexios… poñemos a disposición
recipientes de plástico de 1L ata 30L que se poden solicitar a través do teléfono ou mail.



SERVIZO DE RECOLLIDA INTEGRAL en Coruña e Comarca

• Recollida en domicilios e restauración, a través do teléfono de
contacto, indicando dirección e hora.
• Recollida en edificios, habilitando temporalmente un contenedor,
acordando data e duración (de 1 a 3 días).